martes, 18 de maio de 2010

Os vosos blogs.

Para complementar o traballo da wiki, cada curso terá un blog colectivo asignado, nel iredes anotando cousas que no se axusten ao pautado na wiki e aspectos variados sobre a materia. Iremos vendo na aula as posibilidades de blogger. Aí van os enderezos:
· Blog de 2º ESO B
· Blog de 3º ESO C

xoves, 13 de maio de 2010

A nosa wiki.


Como xa levamos tempo anunciando en clase, aquí vai o enlace á nosa wiki, un proxecto común no que agardo que todos/as colaboremos e aprendamos: o outro mundial.

Titoriais sobre o uso da wiki

Aquí tes uns cantos titoriais sobre o uso das wikis... A ver que tal sae a cousa.


martes, 11 de maio de 2010

Sobre teléfonos móbiles.

Aquí podes atopar un interesante artigo sobre o destino dos teléfonos móbiles que deixan de empregarse en Occidente.
Falando de móbiles...
El coltan from Africa Nomadar on Vimeo.
Se queres ademais botar unha ollada sobre outros produtos de consumo diario, pincha aquí 

Imaxe teléfono baixo licencia CC sacada de aquí

luns, 3 de maio de 2010

Concurso de capitais

Para seguir repasando capitais...