domingo, 31 de maio de 2020

Tarefas semana 1 - 5 de xuño




SEMANA 1 - 5 XUÑO

Nesta semana remataremos coa elección de obras de arte dando un paso máis escollendo unha obra de arte (pintura, escultura ou arquitectura)que non sexan nin renacentistas nin barrocas, pero que nos resulten especialmente chamativas.Opcionalmente podes tentar argumentar a cal das dúas grandes linguaxes artísticas da Idade Moderna se parece máis (ao Renacemento ou ao Barroco)

Para compartir o traballo empregaremos outro panel compartido que podes consultar aquí. O xoves ás 11:30 empregando webex verémonos para falar de Arte durante un rato. No caso de non poder usar o muro nin webex, podes remitir o traballo vía mail a xeomos@gmail.com.

Ningún comentario:

Publicar un comentario