domingo, 24 de maio de 2020

Tarefas semana 25 - 29 maio

Stendhalazos:

Neste artigo podes ler unha historia relacionada coa denominada síndrome de Stendhal. Posiblemente falar de síndrome sexa esaxerado, pero o que está claro é que hai obras de arte que teñen a capacidade de chegar a nós dun xeito especial. Sucede coa música ou o cine, pero tamén coa pintura, a escultura ou a arquitectura.
Para esta semana invítovos a compartir as obras de arte que vos parezan especialmente significativas para vós neste panel compartido. Nesta semana centrarémonos na arte renacentista e na arte barroca. Podedes tentar expresar o por que vos gostan tanto cunha frase ou cunha palabra.
O vindeiro xoves 28 de maio ás 11:30 (convocatoria para 3ºD e 3ºE) verémonos en webex aqueles que poidades e queirades e falaremos deste tema.

https://eduxunta.webex.com//meet/ramon.noche


código 848455007

No caso de non poder acceder ao panel nin á clase virtual, podes enviar un correo electrónico co teu traballo a xeomos@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario