_ Para esta semana propoñemos un achegamento á arte da Idade Moderna mediante a lectura de dúas publicacións do marabilloso blog Iniciarte de Antonio Martínez ás que accderás premendo nos seguintes links:
· A primeira publicación está adicada ao Renacemento, e tras ler o seu contido podes elaborar un esquema no teu caderno. Non é necesario que o envíes por correo electrónico.
· A segunda publicación está adicada ao Barroco, e tras ler o seu contido podes elaborar un esquema no teu caderno. Non é necesario que o envíes por correo electrónico.
(No caso de non poder acceder aos dous links sinalados, podes ler as páxinas 265-269 e 328-335 do libro de texto)
A razón de non ter que enviar o que traballedes sobre a Arte é que a vindeira semana (11 - 15 maio), en data e hora que se vos comunicará, tentaremos ter unha clase a distancia empregando o sistema webex facilitado pola Consellería de Educación e do que podedes consultar información neste titorial.
Paralelamente, desde o Departamento de Xeografía e Historia lanzamos a convocatoria ''Imita unha obra de arte,'' que podes consultar neste link. Anímate a participar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario