ACTIVIDADES 3º ESO (suspensión aulas)

As actualizacións a partires do terceiro trimestre colocaránse ao comezo desta páxina:


 

· LINK ao documento coas tarefas da semana 20-24 abril

ENTREGA ATA O 24 DE ABRIL ÁS 14:10 HORAS




· LINK ao documento coas tarefas da semana 14-17 abril

ENTREGA ATA O 17 DE ABRIL ÁS 14:10 HORAS


AVISO IMPORTANTE: NON É OBRIGATORIO FACER AS ACTIVIDADES NA WEB (BLOG, FORMULARIOS, AULA VIRTUAL, ETC) PODEDES TOMAR NOTA DELAS NO VOSO CADERNO DE CLASE.



https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdFDIMF1Rbhur1rayVRsCHR1ZHfWe1ptHKzV_ki-4cJK_Rjzg/viewformEsta páxina será o lugar no que tentaremos non perder totalmente o fío no tempo que dure a suspensión das clases comunicada polas autoridades educativas. (Lembramos que esta é a páxina oficial da consellería, onde se pode consultar información oficial sobre o ámbito educativo galego)
Asimesmo, recordade que o correo do profesor da materia de Xeografía e Historia é xeomos@gmail.com

Comezamos?
O primeiro, evidentemente, é saber quen estades do outro lado, e por iso vos pido que premades na imaxe da dereita(a de pasar lista...) e cubrades un formulario. Benvidos/as!

ACTUALIZACIÓN 14 DE MARZO 22:55 h.
· A estas horas puiden comprobar  que 28 alumnas/os de 3º de ESO respostastes ao formulario, co que benvidas/os.
Puiden ver nas vosas respostas que aproximadamente a metade de vós soamente poderá acceder de forma puntual aos materiais. Non vos preocupedes. Tentaremos que as cousas vaian pouco a pouco para que ninguén se quede atrás.
Tamén preguntastes se vai a haber materiais ou forma de contactar con outros profes. Por suposto que si. Estamos recopilando os materiais e en canto a web do centro se atope operativa (agora mesmo está baixo mantemento por parte da consellería) vos avisaremos. Descoidade.
Agardo que todas e todos recibiridades a mensaxe do Director dirixida ás vosas familias e na que se lembraba o fundamental de permanecer nas casas e seguir as indicacións das autoridades sanitarias.

ACTUALIZACIÓN 16 DE MARZO 01:55 h.

ACTIVIDADE 0: POÑENDO ORDE NO QUE ANDABAMOS TRABALLANDO

Lembraredes, máis ou menos, que na aula estabamos a traballar o tema dos descubrimentos xeográficos iniciados no século XV, co que esta imaxe que tes a continuación debería servir de recordatorio de moitas cousas vistas...

Para traballar esta imaxe podes anotar e responder as seguintes cuestións no teu caderno ou facelo neste formulario:
1.- Que causas aparecen mencionadas no esquema? Cal pensas que é a principal e por que? Tenta introducir exemplos concretos na túa argumentación.
2.- Que potencias aparecen sinadas como protagonistas dos descubrimentos? Sinala algún aspecto que teñan en común e algún aspecto que as diferencie
3.- O esquema non contén ningunha data. Investiga no libro de texto ou na web e anota cinco datas que completen os apartados sinalados no esquema.

 ACTUALIZACIÓN 16 DE MARZO 23:30 h.


Boa noite. Puiden ver que un grupo de vós xa cumplistes coa actividade 0; e tamén puiden comprobar que a til no é do verbo ser tamén é frecuentemente omitida cando tecleades... Sei que o facedes para que non vos bote de menos, pero lembrade que a ortografía é importante. Insisto, é. A corrección a faremos á volta, na aula, para que así podamos compartir cousas coas compañeiros e compañeiras que teñen máis dificultades para acceder ao material.

A miña idea para esta primeira semana é lanzar tres actividades (unha por cada hora) e ir abrindo contidos tamén na aula virtual; pero iso aínda está en proceso...

Anotarei aquí a seguinte actividade o venres 20 de marzo. Ata entón, por se alguén quere afondar en cuestións relacionadas co tema vos propoño a seguinte tarefa optativa, un reto de busca ao que podedes responder no formulario que aparece se facedes clic na imaxe. Insisto, é totalmente optativa e consiste nun reto de busca tal e como temos feito algunha vez o pasado curso académico). Sorte... e coidade a ortografía.
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfGWrib3ftqdZxBOIyXwqvpJTQlquTS4RgYupQ7HnTzc3z_Lg/viewform?usp=sf_link


ACTUALIZACIÓN 17 MARZO 11:30


Bo día, puiden ver as primeiras respostas ao reto. Ides ben, pero hai pequenos detalles erróneos no camiño de respostas e na resposta final. Revisádea os que xa a entregastes, sobre todo porque esquecín anotar un espazo no formulario para o voso nome, cousa que xa está amañada. 

ACTUALIZACIÓN 17 MARZO 23:50
Ola, aquí de novo para comentarvos que está empezando a andar a aula virtual da materia, pero que aínda lle queda por deseñar varias cousas. Se accededes a ela podedes ver que as cousas son máis ou menos as mesmas ca no blog. Pero, para ir probando funcionalidades da aula virtual, se accededes a ela neste enlace podedes ver que hai un foro aberto sobre os avances técnicos na Idade Moderna cunha sinxela proposta que podedes realizar.

ACTUALIZACIÓN 20 MARZO 00:01
 
ACTIVIDADE 1: FACEMOS EIXOS CRONOLÓXICOS
Se accedes á aula virtual podes atopar este titorial sinxelo de como elaborar eixos cronolóxicos en papel, tomando como referencia os adiantos tecnolóxicos da Idade Moderna que se están a sinalar no foro da aula virtual. O que se trata é que tentes facer un eixo cronolóxico sobre os adiantos tecnolóxicos da Idade Moderna ou sobre calquera outro tema que sexa do teu interese. Tes tres posibilidades:
1.-O eixo pode quedar no teu caderno,
2.- Podes sacarlle unha foto e subilo á tarefa correspondente da aula virtual
3.-Podes sacarlle unha foto e envialo a xeomos@gmail.com
Non esquezas que para poder interactuar no curso da aula virtual debes acceder co teu usuario/a e clave.

ACTUALIZACIÓN  23 DE MARZO 11.20 h.

ACTIVIDADE 2: XEOGRAFÍA POLÍTICA DE AMÉRICA E ASIA
· No seguinte panel tes unha serie de recursos online sobre a xeografía política (países e capitais) de América e Asia... e unha actividade optativa. (para acceder mellor aos enlaces do panel, pon a presentación en pantalla completa)
Existe copia desta actividade na aula virtual



 ACTUALIZACIÓN  26 DE MARZO 23.45 h.

· Para rematar a semana propoñemos un novo reto de busca optativo ao que podes acceder tamén na aula virtual:


ACTUALIZACIÓN  28 DE MARZO 19.55 h.


· Neste link podes acceder á corrección xeral da actividade do esquema dos descubrimentos (Actividade 0) Unha copia deste enlace está tamén na aula virtual.

ÚLTIMA ACTUALIZACIÓN   30 DE MARZO 11.30 h.

· Nesta derradeira semana do trimestre non plantearemos traballo novo. Deixamos estes días para que poidades poñervos ao día na materia as/os que non puidestes seguir as actividades nestas dúas semanas.
Por se  vos apetece facer unha visita a un museo virtual, deixovos este link á casa de Colón en Gran Canaria.
Reanudaremos as actividades á volta da Semana Santa. Os meus mellores desexos para vós e para as vosas familias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario