Amosando publicacións coa etiqueta mapas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mapas b>. Amosar todas as publicacións
luns, 7 de outubro de 2019
martes, 29 de xaneiro de 2019
Mapas anamórficos.
Nesta páxina podes acceder a unha serie de mapas anamórficos nos que podes apreciar a superficie dos países do mundo en función dunha variable; por exemplo, o mapa que acompaña esta entrada presenta as reservas de petróleo.
Para os traballos de exposición na aula, podes consultar este enlace coas indicacións.
Para os traballos de exposición na aula, podes consultar este enlace coas indicacións.
martes, 8 de xaneiro de 2019
mércores, 19 de decembro de 2018
Mapamundi 3º ESO
Preme na imaxe para acceder a un mapamundi en branco que podes imprimir para o segundo trimestre.
· Link para o traballo de recursos do sector primario.
mércores, 26 de setembro de 2018
Traballamos con fotografía aérea. 3º ESO
60 anos despois...
A partir do comparador de mapas da Xunta, e seguindo os pasos vistos na aula, localiza unha fotografía aérea actual da túa localidade e observa os cambios con respecto ao voo americano de 1956-57
Anota os seguintes elementos:
1.- Localización do espazo: concello, parroquia e ubicación na parroquia usando os puntos cardinais
1.- Dúas capturas de pantalla: actual e do 56-57
1.- Dúas capturas de pantalla: actual e do 56-57
2.- Ficha de análise:
· Identificación dos elementos físicos e humanos
· Comparación entre as dúas imaxes
· Grao de cambio e causas do mesmo
3.- Tres posibilidades de entrega:
· Comparte o traballo empregando gDrive con xeomos@gmail.com (máis recomendada)
· Envía o traballo como documento adxunto ao enderezo xeomos@gmail.com
· Entrega unha copia impresa do traballo
· Comparte o traballo empregando gDrive con xeomos@gmail.com (máis recomendada)
· Envía o traballo como documento adxunto ao enderezo xeomos@gmail.com
· Entrega unha copia impresa do traballo
Prazo ata 8 outubro
Segunda fase do traballo: mapa colaborativo
mércores, 21 de marzo de 2018
Para traballar cos mapas de google
Comezaremos estes días a traballar cos mapas de google e así colocar neles a información recollida na primeira fase do proxecto.
Para calquera dúbida sobre o uso de mymaps podes empregar este titorial:
venres, 26 de xaneiro de 2018
xoves, 16 de novembro de 2017
domingo, 17 de setembro de 2017
martes, 14 de marzo de 2017
A boca da ría
No marco do proxecto da biblioteca do Floriani, centrado no corpo humano, optamos por facer este proxecto en 1º de ESO no que se mestura anatomía e xeografía da man dunha das paisaxes máis características que nos rodea: a boca da ría de Vigo.
O proxecto consistiu na elaboración dun mapa colaborativo no que traballamos coa busca e selección de imaxes que cumprisen cos parámetros creative commons, de xeito que poden ser reutilizadas e publicadas na web respectando as limitacións dos dereitos de autor e buscando alternativas no marco dunha cultura de libre difusión.
venres, 10 de febreiro de 2017
Recursos para o traballo cos mapas físicos.
Deixamos nesta entrada unha serie de enlaces a recursos de utilidade para o traballo cos mapas físicos que estamos a facer estes días na aula.
- Listaxe de mapas descargables e imprimibles
- Os continentes na páxina de Isaac Buzo.
- Moitos e variados mapas flash de Enrique Alonso.
Algunhas fichas de traballo...
luns, 30 de xaneiro de 2017
Mapas colaborativos
Para os nosos traballos sobre a ría de Vigo empregaremos os seguintes mapas, un para cada grupo. Lembra seguir as instrucións dadas na clase para engadir as imaxes.
· Mapa colaborativo 1º ESO A:
· Mapa colaborativo 1º ESO B:
· Mapa colaborativo 1º ESO A:
· Mapa colaborativo 1º ESO B:
venres, 20 de xaneiro de 2017
martes, 25 de febreiro de 2014
Xeografía física
A continuación tes unha listaxe coas fichas de traballo de xeografía física coas que estivemos estes días na aula.
venres, 1 de marzo de 2013
Cartografía superposta.
Falabamos hoxe na clase de como os mapas, todos, teñen que enfrontarse a un problema de imposible solución, como é pasar a un plano unha superficie curva. Xa tratamos ese tema antes, pero hoxe presentamos un interesante post de David Piñeiro no que deixa varios e moi interesantes exemplos da distorsión das superficies (fíxate na significativa comparación entre Groenlandia e a India) que caracteriza aos mapamundis que estamos afeitos a ver.
Se che interesa o tema, pásate por este interesante blog.
venres, 15 de febreiro de 2013
Traballamos co mapa físico de América.
A continuación tes o percorrido duns exploradores polo continente americano. Verás que aparecen o itinerario que seguiron, pero esquecéronse de marcar os distintos accidentes xeográficos, co que terás que valerte do mapa físico de América para trazar ese itinerario e apuntar os lugares que non se nomean no texto.
Fai este itinerario en primeiro lugar no teu mapa físico de América e despois xa o pasaremos á rede. ¿Listo/a? Aló imos...
luns, 22 de outubro de 2012
mércores, 17 de outubro de 2012
Cartografía: proxeccións
Para estes días nos que andamos coa representación da Terra nos mapas, temos esta interesante presentación feita por ESF Galicia.
Un par de lugares web con mapas anamórficos: worldmapper e mappingworlds
E un interesante artigo sobre xeitos de facer mapas aquí.
Un par de lugares web con mapas anamórficos: worldmapper e mappingworlds
E un interesante artigo sobre xeitos de facer mapas aquí.
martes, 10 de abril de 2012
Antonio Tabucchi e os atlas.
Nestes días que andamos a voltas cos mapas, aquí temos un interesante texto do interesante escritor italiano Antonio Tabucchi, falecido recentemente.
domingo, 27 de marzo de 2011
Gmap sobre a guerra civil
Aínda que xa non esteamos nese tema, deixo un mapa que ubica os lugares destacados da guerra civil, obra de Fernando.
Ver LUGARES EMBLEMÁTICOS DE LA GUERRA CIVIL en un mapa más grande
Ver LUGARES EMBLEMÁTICOS DE LA GUERRA CIVIL en un mapa más grande
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







