mércores, 28 de marzo de 2012

O uso axeitado das imaxes: A licenza CC.

Viamos nestes días onde estaba o erro común a todos os nosos traballos sobre as paisaxes. Estamos moi afeitos a coller a primeira imaxe que atopamos en google, pero é necesario ter presente que as imaxes, por máis que estean en Internet, teñen dono.
A solución para usar imaxes nos nosos traballos é usar as que se atopen baixo unha licenza CC.
Nesta páxina de creativecommons tes a explicación de cada modalidade de licenza CC.
Lembra que, ademais de usar imaxes con esa licenza aberta, temos que referencialas en función da licenza ou licenzas CC que posúan. Así, acordabamos onte poñer baixo cada foto o seguinte:

Imaxe Licenza CC BY-SA-NC-ND (link ao autor)

O que tamén viamos é que buscar imaxes libres non é tan doado coma o método pirata de sempre. Onte traballabamos coas da wikipedia e proximamente veremos outros lugares web.

Imaxe licenza CC BY-NC-SA (minifig)
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario