martes, 2 de maio de 2017

Trabagoogle

O mesmo ano que naceu o autor de Pepita Jiménez faleceu nun país mediterráneo un dos máis grandes referentes literarios dun movemento artístico do século XIX; o seu país de orixe gañou unha copa do Mundo de fútbol contra un rival en cuxa capital está unha das obras escultóricas máis famosas da arte das primeiras civilizacións
A que obra nos estamos referindo?

Ningún comentario:

Publicar un comentario