Amosando publicacións coa etiqueta youtube. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta youtube. Amosar todas as publicacións

mércores, 5 de xuño de 2019

Para estes últimos días...

Un pouco de arte pictórica en movemento para este derradeiro mes de curso.

(Artigo Xornal EL PAÍS neste link)

Outro exemplo similar aquí

martes, 10 de xaneiro de 2017

A revolución industrial

Máquina de vapor (CC BY-SA Nicolás Pérez)
· No seguinte vídeo podes ver unha explicación da primeira fase da revolución industrial


· Aquí podes acceder a un cuestionario sobre o vídeo.

martes, 20 de decembro de 2016

Cliphistoria.


Na canle de youtube cliphistoria podes atopar numerosos fragmentos de vídeos arredor das Ciencias Sociais, e en particular da Historia de España.


Algúns exemplos:
· Goya e o 2 de maio (1:43')

martes, 17 de xuño de 2014

Outra perspectiva sobre o Mundial.

Nestes días de saturación futbolística faise necesario escoitar outras voces, como a de John Oliver e o seu cuestionamento do sistema FIFA.


El video que la FIFA no quiere que veas por yalosabes

venres, 7 de xuño de 2013

Grecia

Boa presentación de Alberto Rivas sobre a Grecia Antiga.


E un vídeo sobre o legado da cultura grega que está dando moito que falar...

domingo, 16 de decembro de 2012

Outra visión de Israel e Irán.

Circula pola rede este vídeo feito por un israelí que aporta unha dimensión distinta á tensión entre Israel e Irán da que estamos afeitos. Paga a pena velo.

luns, 5 de novembro de 2012

xoves, 20 de setembro de 2012

luns, 16 de xullo de 2012

Arte con arte (moita)

Poñíamos hai tempo un vídeo do grupo Hold your Horses que presentaba moitos cadros famosos. Un grupo de alumnos de 4º de ESO do colexio Santa Isabel de Murcia fixo unha fantástica versión con outras obras... ao final do vídeo estás os títulos da obras que recrearon.

sábado, 28 de abril de 2012

Unha mostra do que puido ter sido e non é...

A través do blog de referencia Iniciarte podemos ver unha mostra dos efectos devastadores da especulación urbanística sobre a cidade de Vigo.
Manuel Rivas citaba a Juan Cueto nun artigo de 1999 sobre a coincidencia no tempo da aprobación dunha cidade da cultura en Santiago (si, esa) e a autorización dunha explotación de granito na Costa da Morte. Juan Cueto escribiu que as peores cicatrices son as que deixa a mala política na paisaxe.