domingo, 27 de setembro de 2020

xoves, 11 de xuño de 2020

Avaliación da materia

https://forms.gle/Gcb4xJhFcbw82xyo7 
Premendo na imaxe podes acceder a un formulario para que avalíes a materia deste ano. Agradezo que o fagas de maneira sincera para
que eu poda aprender dos meus erros e das vosas aportacións.

Deséxovos o mellor dos veráns.
Moito ánimo e saúde.


domingo, 31 de maio de 2020

Tarefas semana 1 - 5 de xuño




SEMANA 1 - 5 XUÑO

Nesta semana remataremos coa elección de obras de arte dando un paso máis escollendo unha obra de arte (pintura, escultura ou arquitectura)que non sexan nin renacentistas nin barrocas, pero que nos resulten especialmente chamativas.Opcionalmente podes tentar argumentar a cal das dúas grandes linguaxes artísticas da Idade Moderna se parece máis (ao Renacemento ou ao Barroco)

Para compartir o traballo empregaremos outro panel compartido que podes consultar aquí. O xoves ás 11:30 empregando webex verémonos para falar de Arte durante un rato. No caso de non poder usar o muro nin webex, podes remitir o traballo vía mail a xeomos@gmail.com.

domingo, 24 de maio de 2020

Tarefas semana 25 - 29 maio

Stendhalazos:

Neste artigo podes ler unha historia relacionada coa denominada síndrome de Stendhal. Posiblemente falar de síndrome sexa esaxerado, pero o que está claro é que hai obras de arte que teñen a capacidade de chegar a nós dun xeito especial. Sucede coa música ou o cine, pero tamén coa pintura, a escultura ou a arquitectura.
Para esta semana invítovos a compartir as obras de arte que vos parezan especialmente significativas para vós neste panel compartido. Nesta semana centrarémonos na arte renacentista e na arte barroca. Podedes tentar expresar o por que vos gostan tanto cunha frase ou cunha palabra.
O vindeiro xoves 28 de maio ás 11:30 (convocatoria para 3ºD e 3ºE) verémonos en webex aqueles que poidades e queirades e falaremos deste tema.

https://eduxunta.webex.com//meet/ramon.noche


código 848455007

No caso de non poder acceder ao panel nin á clase virtual, podes enviar un correo electrónico co teu traballo a xeomos@gmail.com

domingo, 17 de maio de 2020

Tarefas semana 18 - 22 MAIO

Nesta semana 18 - 22 de maio teremos a seguinte tarefa:


· Identificar unha diferenza entre a arte renacentista e a barroca e usar dúas imaxes que a exemplifiquen (40'). Pódese enviar o traballo a xeomos@gmail.com ou participar na clase virtual que terá lugar nos seguintes horarios:


3ºD: XOVES 21 DE MAIO ÁS 10:30 horas

3º E: XOVES 21 DE MAIO ÁS 11:30 horas


Usaremos o sistema webex:


https://eduxunta.webex.com//meet/ramon.noche


código 848455007



Cómpre salientar que acceder á videoconferencia non é obrigatorio. Podedes cumplir coa tarefa enviándomeo traballo por correo electrónico, con prazo ata o venres 22 de maio ás 14:10 horas

domingo, 10 de maio de 2020

Tarefas semana 11 - 15 maio

Nesta semana 11 - 15 de maio teremos unha sesión de videoconferencia coa finalidade de vernos e falar sobre a arte do Renacemento e da arte do Barroco coa que estivestes traballando a pasada semana.
Para artellar a videoconferencia empregaremos o sistema webex (sistema  facilitado pola Consellería de Educación e do que podedes consultar información neste titorial) Podedes entrar descargando a aplicación e usando o código 848 455 007ou mediante este link: https://eduxunta.webex.com//meet/ramon.noche

Cómpre salientar que acceder á videoconferencia non é obrigatorio. Podedes cumplir coa tarefa enviándome (os que non o fixestes xa) un resume breve ou un esquema da arte renacentista e barroca ao correo electrónico.

Para os/as que vos animedes a probar webex marcaremos este horario, con dúas posibilidades para que poidades escoller a que mellor vos cadre co voso horario:

3ºD: MÉRCORES 13 ás 11:00 horas ou VENRES 15 ás 11:00 horas
3º E: MARTES 12 ás 12:30 horas  ou VENRES 15 ás 12:30 horas

domingo, 3 de maio de 2020

Tarefas semana 5-8 maio

_ Para esta semana propoñemos un achegamento á arte da Idade Moderna mediante a lectura de dúas publicacións do marabilloso blog Iniciarte de Antonio Martínez ás que accderás premendo nos seguintes links:
· A primeira publicación está adicada ao Renacemento, e tras ler o seu contido podes elaborar un esquema no teu caderno. Non é necesario que o envíes por correo electrónico.
· A segunda publicación está adicada ao Barroco, e tras ler o seu contido podes elaborar un esquema no teu caderno. Non é necesario que o envíes por correo electrónico.

(No caso de non poder acceder aos dous links sinalados, podes ler as páxinas 265-269 e 328-335 do libro de texto)

A razón de non ter que enviar o que traballedes sobre a Arte é que a vindeira semana (11 - 15 maio), en data e hora que se vos comunicará, tentaremos ter unha clase a distancia empregando o sistema webex facilitado pola Consellería de Educación e do que podedes consultar información neste titorial.

Paralelamente, desde o Departamento de Xeografía e Historia lanzamos a convocatoria ''Imita unha obra de arte,'' que podes consultar neste link. Anímate a participar!


domingo, 26 de abril de 2020

Novo sistema de publicación de tarefas.

Para simplificar a publicación de tarefas, en lugar de continuar na páxina deste blog á que se accedía premendo na imaxe da entrada que está baixo esta, deixaremos cada semana enlace nunha nova entrada que aparecerá na portada do blog.
 Para a semana do 27 ao 30 de abril:

· Link á tarefa para a semana do 27 ao 30 de abril  (entrega ata o 4 de maio)

· TAREFA OPTATIVA (prazo de entrega ata o 15 de maio)
Tomamos a idea que nos ofrecen as compañeiras dos outros gupos de 3º e, optativamente, podes facer un traballo de lectura e elaboración de vídeo seguindo as instrucións deste documento. Insistimos en que é unha tarefa optativa

Neste panel podes ver o resultado desta semana:
Hecho con Padlet

xoves, 12 de marzo de 2020

Espazo de traballo a distancia


Neste enlace, ou premendo na imaxe, podes acceder ao espazo que empregaremos na materia de Xeografía e Historia de 3º ESO para estes días de suspensión de actividades lectivas no IES de Mos.

https://alifbai.blogspot.com/p/actividades-3-eso-marzo-2020.html

ÚLTIMA ACTUALIZACIÓN 14 DE ABRIL