luns, 28 de outubro de 2019

Fontes para comparar poboación activa por sectores.



 Para poder comparar a poboación activa por sectores económicos empregaremos dúas fontes de referencia:
· O Instituto Nacional de Estatística (INE)
· A Organización Internacional do  traballo (OIT)

E, para atender ás repercusións no que respecta ao desenvolvemento, empregaremos a seguinte fonte: 
· Informe IDH 2018 (PNUD)

Non esquezas verificar a validez dos enlaces propostos seguindo uns sinxelos pasos (Pinto, 2015):
· Autoría/orixe
· Grao de actualización
· Nivel do contido en canto a rigor e obxectividade
· Estrutura e deseño

Neste enlace podes acceder ao documento de traballo.

venres, 4 de outubro de 2019

Traballamos con mapas temáticos


Neste enlace podes acceder á sección cartográfica da web El orden mundial. Unha vez que escollas un mapa deberás realizar un pequeno traballo coa seguinte estrutura:
1. Mapa
2. Ficha do mapa: título/tema e fonte dos datos
3. Análise: nun máximo de 5 liñas, deberás relacionar o tema do mapa co espazo/espazos que aparecen reflectidos.

A entrega do traballo será o venres 11 de outubro e pode ser de varias formas: entrega impresa, vía correo electrónico ou vía compartir documento de google.