mércores, 28 de marzo de 2012

Novo reto xeográfico

Quiedamos hoxe na clase en poñer un reto xeográfico despois da práctica que adquirimos a base de buscar tres localizacións. Aquí o tedes. Unha vez que acertedes o lugar, que tentei que fose algo máis complicado que os de hoxe, apareceravos un nome. Tedes que facer un pequeno documento de google cunha breve explicación sobre ese nome clave e una imaxe, por suposto con licenza CC. Esta actividade é voluntaria, pero facela ben axudaría...

O uso axeitado das imaxes: A licenza CC.

Viamos nestes días onde estaba o erro común a todos os nosos traballos sobre as paisaxes. Estamos moi afeitos a coller a primeira imaxe que atopamos en google, pero é necesario ter presente que as imaxes, por máis que estean en Internet, teñen dono.
A solución para usar imaxes nos nosos traballos é usar as que se atopen baixo unha licenza CC.
Nesta páxina de creativecommons tes a explicación de cada modalidade de licenza CC.
Lembra que, ademais de usar imaxes con esa licenza aberta, temos que referencialas en función da licenza ou licenzas CC que posúan. Así, acordabamos onte poñer baixo cada foto o seguinte:

Imaxe Licenza CC BY-SA-NC-ND (link ao autor)

O que tamén viamos é que buscar imaxes libres non é tan doado coma o método pirata de sempre. Onte traballabamos coas da wikipedia e proximamente veremos outros lugares web.

Imaxe licenza CC BY-NC-SA (minifig)
 


mércores, 21 de marzo de 2012

Repaso sobre a prehistoria.

Nestes días estivemos coa Prehistoria. En pouco máis dunha semana nos achegamos a millóns de anos de historia, co que é normal que esteamos aínda "dixerindo" toda a información. Aquí tes un xogo de emparellar conceptos co seu período (Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais)

sábado, 17 de marzo de 2012

Un pouco de arte...

Xa está colgado no blog da materia das TIC, pero deixo aquí unha copia do cuestionario feito sobre un videoclip musical que nos achega a boa parte da historia da pintura: (por se queres cubrir o cuestionario, o código do profesor que tes ao final, baixo o cadro para poñer o teu nome é ranoch)

venres, 9 de marzo de 2012

A vista de satélite

En breve andaremos a voltas con gmaps, earth e demais.
Para afinar vista, podes probar este xogo:

venres, 2 de marzo de 2012

Seguimos

Temos a primeira parte do traballo case feita, pero aínda nos queda camiño...