mércores, 20 de xuño de 2012
A nosa wiki.
Aquí está o enlace á nosa wiki, na que colgaremos as presentacións sobre a arte grega
+
martes, 19 de xuño de 2012
Historia antiga en 3D
A través deste post de mrdomingo atopamos este vídeo no que se reconstrúen os algúns dos espazos máis representativos que vimos nestas últimas semanas.
Cómpre sinalar e agradecer o feito de que o vídeo se atope en vimeo baixo licenza CC-BY-SA
Viaje al pasado en 3D: Mesopotamia, Egipto, Grecia y Roma from Mr. Domingo on Vimeo.
luns, 11 de xuño de 2012
Roma
Para estes últimos días, unha presentación sobre Roma:
E un paseo por Pompeya.
Roma antiga on Prezi
Espazo e tempo en Roma.
Vía a interesante páxina de geacron podemos conseguir un mapa no que obervar a evolución da historia de Roma e o seu Imperio:
martes, 5 de xuño de 2012
A busca de imaxes con licencia CC: flickr
CC-BY (Creativecommons)
Para o traballo que estamos a desenvolver nestes días na aula estamos a usar imaxes baixo licencia CC. Xa vimos que un lugar de referencia para obter imaxes que se podan reutilizar é a wikipedia, en concreto o apartado de wikimedia commons, pero tamén podemos empregar outros sitios web coma flickr. O uso de flickr para conseguir imaxes baixo licencia CC require activar a opción de busca avanzada, tal e como podemos ver no seguinte titorial:
venres, 1 de xuño de 2012
As paisaxes do mundo.
Deixamos nesta entrada os traballos feitos na clase sobre as paisaxes do mundo. Nalgún caso non se puido incluír o traballo dalgún alumno/a por erros na forma, sobre todo no apartado de créditos das imaxes.
Traballos de 1ºA
Traballos de 1ºB
Traballos de 1ºC
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)