luns, 16 de setembro de 2013
venres, 14 de xuño de 2013
martes, 11 de xuño de 2013
venres, 7 de xuño de 2013
Grecia
Boa presentación de Alberto Rivas sobre a Grecia Antiga.
Tema 2 cultura clasica Alberto Rivas from Alberto Rivas
Sobre a arte grega:
· Panorámica xeral.
· Traballo duns alumnos de cultura clásica.
· Arquitectura e xogo de identificación.
· ¿Ampliamos?
E un vídeo sobre o legado da cultura grega que está dando moito que falar...
Sobre a arte grega:
· Panorámica xeral.
· Traballo duns alumnos de cultura clásica.
· Arquitectura e xogo de identificación.
· ¿Ampliamos?
mércores, 5 de xuño de 2013
A revolución rusa.
A xeito de síntese:
E máis polo miúdo...
Material complementario:
· O acorazado Potemkin
E máis polo miúdo...
CC BY - SA Ilya Ilusenko (wikimedia commons) |
DP (wikimedia commons) |
Material complementario:
· O acorazado Potemkin
venres, 24 de maio de 2013
O mundo no supermercado.
Velaquí o resultado do traballo O mundo no supermercado, aínda pendente de completalo. Noraboa polo voso esforzo.
Ver O mundo no supermercado en un mapa más grande
Ver O mundo no supermercado en un mapa más grande
luns, 13 de maio de 2013
A prehistoria. Xogo de repaso.
Pulsando sobre a imaxe podes acceder a un xogo de repaso arredor da prehistoria aloxado na páxina educativa da Junta de Castilla y León. Sorte!
Por certo, as pinturas rupestres que podes ver na imaxe pertencen a un lugar descuberto no mesmo ano no que naceu o galardonado co premio Nobel de Literatura do ano 2003 ¿de que importante espazo estamos falando? (deixa a túa resposta no apartado comentarios)
luns, 29 de abril de 2013
Os muros do mundo. Traballo optativo para 1º de BAC.
Moi interesante, coma sempre, o programa de radio5 Países en conflicto. Hoxe falaron dos muros no mundo:
O prazo de "entrega" remata o 9 de maio.
Países en conflicto - Los muros del mundo
Podes elaborar un mapa de google e insertalo nesta páxina da wiki que conteña os datos presentados no podcast e información complementaria nos marcadores.O prazo de "entrega" remata o 9 de maio.
mércores, 24 de abril de 2013
xoves, 11 de abril de 2013
A RDA. A Stasi.
Un dos trazos dos países do bloque soviético é o establecemento de estados policiais nos que se persigue calquera tipo de disidencia. Este é o argumento da película La vida de los otros, film galardonado co premio Oscar á mellor película de fala non inglesa e que narra a historia dun oficial da Stasi e dun seguimento realizado a un intelectual sospeitoso para o réxime de Berlín leste nos anos 80.
Máis información:
· O asasinato dun futbolista pola Stasi.
Máis información:
· O asasinato dun futbolista pola Stasi.
xoves, 21 de marzo de 2013
O muro de Berlín.
- Recursos sobre o Muro:
· animación sobre a evolución de Berlín na guerra fría.
· Traxectoria e imaxes do muro.
· Infografía sobre a estrutura do muro.
mércores, 20 de marzo de 2013
O mundo no supermercado
Actividade de investigación para 1º de ESO. Traballarémola na terceira avaliación.
fai clic na imaxe prazo ata 30 abril |
mércores, 13 de marzo de 2013
venres, 1 de marzo de 2013
Cartografía superposta.
Falabamos hoxe na clase de como os mapas, todos, teñen que enfrontarse a un problema de imposible solución, como é pasar a un plano unha superficie curva. Xa tratamos ese tema antes, pero hoxe presentamos un interesante post de David Piñeiro no que deixa varios e moi interesantes exemplos da distorsión das superficies (fíxate na significativa comparación entre Groenlandia e a India) que caracteriza aos mapamundis que estamos afeitos a ver.
Se che interesa o tema, pásate por este interesante blog.
venres, 22 de febreiro de 2013
Quiz xeográfico
Para esta fin de semana que amenaza frío e neve, que mellor que un xogo de localización xeográfica
venres, 15 de febreiro de 2013
Traballamos co mapa físico de América.
A continuación tes o percorrido duns exploradores polo continente americano. Verás que aparecen o itinerario que seguiron, pero esquecéronse de marcar os distintos accidentes xeográficos, co que terás que valerte do mapa físico de América para trazar ese itinerario e apuntar os lugares que non se nomean no texto.
Fai este itinerario en primeiro lugar no teu mapa físico de América e despois xa o pasaremos á rede. ¿Listo/a? Aló imos...
domingo, 3 de febreiro de 2013
luns, 21 de xaneiro de 2013
Climogramas
Para estes días nos que andamos a voltas cos climogramas aquí temos un vídeo e unha presentación que nos lembran como facelos:
xoves, 17 de xaneiro de 2013
mércores, 9 de xaneiro de 2013
Climas da Terra
A través da imprescindible páxina de Isaac Buzo, temos este mapa para repasar o visto sobre os climas da Terra. (fai clic no mapa para velo)
Outras páxinas para traballar cos climas do mundo:
· Xogo de identificación de climas.
· Test xeral sobre o clima.
· Outro mapa interactivo.
· Páxina con cantidade de datos climáticos por continentes, países e cidades.
Outras páxinas para traballar cos climas do mundo:
· Xogo de identificación de climas.
· Test xeral sobre o clima.
· Outro mapa interactivo.
· Páxina con cantidade de datos climáticos por continentes, países e cidades.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)