martes, 31 de maio de 2011

Idade media

Velaí unha listaxe que recolle os países do mundo en función da idade media dos seus habitantes, de máis a menos.
¿Adiviñas que continente copa os últimos postos? ¿E onde estará España?

luns, 30 de maio de 2011

Xogos xeográficos.

Deixo este enlace a unha páxina cun xogo de localización xeográfica. Ideal para estes días de fin de curso.

mércores, 11 de maio de 2011

Fotografías de 360º para o traballo da wiki.

De cara ao traballo na wiki deviaxeporeuropa é moi interesante a posibilidade de insertar espectaculares imaxes das distintas cidades que son visitadas,e que podes atopar en 360cities.net.
Para mostra, Berlín:

Berlin1 in Berlin

martes, 10 de maio de 2011

martes, 26 de abril de 2011

Os simpsons e a materia de Xeografía de 3º de ESO.

Vía esquizopedia unha das introducións aos capítulos dos Simpsons. O guión é obra do artista Banksy e isnpírase no feito de que gran parte do traballo que leva facer a serie está externalizada a unha empresa surcoreana.
Bota unha ollada ao vídeo e lembra con que cousas das vistas este ano se podería relacionar.

sábado, 2 de abril de 2011

Cadros versionados.

Aproveitando que hoxe é venres deixo un vídeo para achegarnos a algúns cadros míticos da Historia da Arte da man do grupo Hold your horses!