A través da moi recomendable páxina en slidehsare do IES Las Musas de Madrid, conseguimos a presentación completa con Mesopotamia e Exipto.
As diapositivas de Exipto comezan na número 36
martes, 17 de abril de 2012
luns, 16 de abril de 2012
Mesopotamia.
A xeito de repaso do que estamos a ver nestes días na aula, aquí tes unha completa presentación sobre o tema. Está feita por profesorado do IES Las Musas de Madrid, a quen agradecemos que compartisen o seu traballo.
mércores, 11 de abril de 2012
David Livingstone
Un dos exploradores que saíu no reto xeográfico é David Livingstone. En numerosas ocasións os exploradores europeos caracterizábanse por unha mentalidade colonial que lles facía verse como superiores aos nativos das zonas que eran obxecto do seu estudo. Non foi este o caso do escocés David Livingstone, do que podemos escoitar neste link como foi tratado polos africanos despois da súa morte. É un audio da imprescindible xornalista Nieves Concostrina.
Imaxe baixo licenza CC-BY-NC-ND de Graeme Bird
martes, 10 de abril de 2012
Reto xeográfico optativo para 1º eso C
Cando soluciones esta imaxe atoparás unha mensaxe co nome dun famoso monumento desta cidade, do que deberás realizar un pequeno documento de google de 4/5 liñas cunha imaxe baixo licenza CC. Ese documento compartiralo como xa aprendimos na aula.
Sorte e lembra que este traballo é optativo, pero todo axuda...
Sorte e lembra que este traballo é optativo, pero todo axuda...
Reto xeográfico optativo para 1º eso B
Hoxe tocou traballar con placespotting en B, agora os de esa clase tedes aquí un reto optativo. Non é obrigatorio pero facelo axudaría...
É un pouco máis complexo ca os anteriores, pero non moito. Cando se soluciona aparece o nome dunha personaxe histórica, da que hai que elaborar un documento de google con tres ou catro liñas sobre a súa importancia histórica e unha imaxe, por suposto baixo licenza CC.
É un pouco máis complexo ca os anteriores, pero non moito. Cando se soluciona aparece o nome dunha personaxe histórica, da que hai que elaborar un documento de google con tres ou catro liñas sobre a súa importancia histórica e unha imaxe, por suposto baixo licenza CC.
Antonio Tabucchi e os atlas.
Nestes días que andamos a voltas cos mapas, aquí temos un interesante texto do interesante escritor italiano Antonio Tabucchi, falecido recentemente.
mércores, 28 de marzo de 2012
Novo reto xeográfico
Quiedamos hoxe na clase en poñer un reto xeográfico despois da práctica que adquirimos a base de buscar tres localizacións.
Aquí o tedes. Unha vez que acertedes o lugar, que tentei que fose algo máis complicado que os de hoxe, apareceravos un nome.
Tedes que facer un pequeno documento de google cunha breve explicación sobre ese nome clave e una imaxe, por suposto con licenza CC.
Esta actividade é voluntaria, pero facela ben axudaría...
O uso axeitado das imaxes: A licenza CC.
Viamos nestes días onde estaba o erro común a todos os nosos traballos sobre as paisaxes. Estamos moi afeitos a coller a primeira imaxe que atopamos en google, pero é necesario ter presente que as imaxes, por máis que estean en Internet, teñen dono.
A solución para usar imaxes nos nosos traballos é usar as que se atopen baixo unha licenza CC.
Nesta páxina de creativecommons tes a explicación de cada modalidade de licenza CC.
Lembra que, ademais de usar imaxes con esa licenza aberta, temos que referencialas en función da licenza ou licenzas CC que posúan. Así, acordabamos onte poñer baixo cada foto o seguinte:
A solución para usar imaxes nos nosos traballos é usar as que se atopen baixo unha licenza CC.
Nesta páxina de creativecommons tes a explicación de cada modalidade de licenza CC.
Lembra que, ademais de usar imaxes con esa licenza aberta, temos que referencialas en función da licenza ou licenzas CC que posúan. Así, acordabamos onte poñer baixo cada foto o seguinte:
Imaxe Licenza CC BY-SA-NC-ND (link ao autor)
O que tamén viamos é que buscar imaxes libres non é tan doado coma o método pirata de sempre. Onte traballabamos coas da wikipedia e proximamente veremos outros lugares web.
| Imaxe licenza CC BY-NC-SA (minifig) |
mércores, 21 de marzo de 2012
Repaso sobre a prehistoria.
Nestes días estivemos coa Prehistoria. En pouco máis dunha semana nos achegamos a millóns de anos de historia, co que é normal que esteamos aínda "dixerindo" toda a información.
Aquí tes un xogo de emparellar conceptos co seu período (Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais)
sábado, 17 de marzo de 2012
Un pouco de arte...
Xa está colgado no blog da materia das TIC, pero deixo aquí unha copia do cuestionario feito sobre un videoclip musical que nos achega a boa parte da historia da pintura:
(por se queres cubrir o cuestionario, o código do profesor que tes ao final, baixo o cadro para poñer o teu nome é ranoch)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)