martes, 2 de maio de 2017

Trabagoogle

O mesmo ano que naceu o autor de Pepita Jiménez faleceu nun país mediterráneo un dos máis grandes referentes literarios dun movemento artístico do século XIX; o seu país de orixe gañou unha copa do Mundo de fútbol contra un rival en cuxa capital está unha das obras escultóricas máis famosas da arte das primeiras civilizacións
A que obra nos estamos referindo?

martes, 14 de marzo de 2017

A boca da ría



No marco do proxecto da biblioteca do Floriani, centrado no corpo humano, optamos por facer este proxecto en 1º de ESO no que se mestura anatomía e xeografía da man dunha das paisaxes máis características que nos rodea: a boca da ría de Vigo.
O proxecto consistiu na elaboración dun mapa colaborativo no que traballamos coa busca e selección de imaxes que cumprisen cos parámetros creative commons, de xeito que poden ser reutilizadas e publicadas na web respectando as limitacións dos dereitos de autor e buscando alternativas no marco dunha cultura de libre difusión.

venres, 10 de febreiro de 2017

Recursos para o traballo cos mapas físicos.


Deixamos nesta entrada unha serie de enlaces a recursos de utilidade para o traballo cos mapas físicos que estamos a facer estes días na aula.



Algunhas fichas de traballo...
Xeografía física in Ramón Noche (ranoch)

Cultivate your interests with Pearltrees for Android

luns, 30 de xaneiro de 2017

Mapas colaborativos

Para os nosos traballos sobre a ría de Vigo empregaremos os seguintes mapas, un para cada grupo. Lembra seguir as instrucións dadas na clase para engadir as imaxes.

· Mapa colaborativo 1º ESO A:

· Mapa colaborativo 1º ESO B:

venres, 20 de xaneiro de 2017

Recursos. Mapas físicos.

Premendo na imaxe podes acceder aos mapas dos continentes que traballaremos na aula.

martes, 10 de xaneiro de 2017

A revolución industrial

Máquina de vapor (CC BY-SA Nicolás Pérez)
· No seguinte vídeo podes ver unha explicación da primeira fase da revolución industrial


· Aquí podes acceder a un cuestionario sobre o vídeo.

luns, 9 de xaneiro de 2017

Climas do mundo

Preme  para acceder á plantilla de traballo cos climas do mundo.
D.P. (w. commons)
· Preme nesta ligazón para acceder aos climogramas que traballamos na aula.
· Vídeo para entender o frío destes días en Europa.


martes, 20 de decembro de 2016

Cliphistoria.


Na canle de youtube cliphistoria podes atopar numerosos fragmentos de vídeos arredor das Ciencias Sociais, e en particular da Historia de España.


Algúns exemplos:
· Goya e o 2 de maio (1:43')

xoves, 1 de decembro de 2016

Tempo e clima

Pulsa na imaxe para ver unha serie de datos curiosos referidos aos fenómenos meteorolóxicos.
Donosti baixo a cicloxénese CC BY- NC- SA S. Camaño (flickr)

Investiga: Mira nos datos que lugar tivo a maior precipitación anual e anota a cantidade. Compáraa cos datos de Redondela, que podes atopar remexendo un pouco nesta páxina.