venres, 10 de novembro de 2017

Trabagoogle 17_18 2




O cartógrafo Gerardus Mercator, que da nome a unha das proxeccións máis famosas da historia, naceu no mesmo ano no que se remataba unha das obras mestras da pintura renacentista. O autor desa obra comparte ano de nacemento cun personaxe histórico falecido en 1519 e que pasou a historia coma o primeiro europeo en ver algo...

¿Que é o que viu ese personaxe histórico?

Link de resposta desactivado

domingo, 1 de outubro de 2017

venres, 29 de setembro de 2017

Trabagoogle 17/18-1 (3º e 2º ESO)


Os Xogos Olímpicos nos que o piragüista asturiano Herminio Menéndez obtivo dúas medallas comparten ano de celebración co da disolución dunha banda británica de rock liderada por un guitarrista nado no mesmo ano no que tivo lugar o desembarco de Normandía.
O primeiro álbum da banda arriba indicada editouse xusto vinte anos despois do nacemento dun novelista nunha cidade situada a 35º de latitude Norte. Entre a súa obra, destaca unha novela cun título no que figuran dous puntos cardinais.

¿Como se titula esta novela?

Usa este link para anotar a túa resposta

mércores, 17 de maio de 2017

Trabagoogle.

A cidade natal da filósofa Hipatia ten unha latitude en graos que podes usar para identificar un ano concreto do século no que se descubriu a penicilina, ano no que naceu un actor californiano que obtivo un Óscar  no ano  que tamén saiu á luz un videoxogo...
Cal é o videoxogo?

Usa este link para anotar a solución