xoves, 15 de xullo de 2010

Arte e frases.

"Coñece máis xente o meu trofeo que a cúpula de San Pedro."
Giorgio Losa, forxador do trofeo do Mundial de fútbol dixit.
(Iso explicaría moitas cousas, entre outras o papel substitutivo do fútbol diante da relixión, cos seus símbolos, milagres e santoral)
Imaxes baixo licencia cc vía flickr (aquí e aquí.)

mércores, 14 de xullo de 2010

Roberto Bolaño

Hoxe cúmplense sete anos da morte do xenial escritor Roberto Bolaño. Co tempo libre do verán como coartada, deixo os seis cortes do documental sobre a súa vida e obra dirixido por E. Haasnoot.
Se aínda non liches nada de Roberto Bolaño, apaga o ordenador de inmediato e empeza.

luns, 12 de xullo de 2010

Historia circular.

Leccións da historia en boca de Fernando Fernán - Gómez, xenial actor nunha entrevista que se revela punzantemente profética:

martes, 8 de xuño de 2010

Para estes días de exames...

Un curioso despertador. Sorte a todos/as nestes días de exames e máis exames.

Asia.

Como xa sabedes, unha das preguntas dos exames será o mapa político de Asia, por iso deixamos un enlace para que vaiades comprobando o moito que o estudiachedes: pincha aquí para os países e aquí para as capitais.

martes, 18 de maio de 2010

Os vosos blogs.

Para complementar o traballo da wiki, cada curso terá un blog colectivo asignado, nel iredes anotando cousas que no se axusten ao pautado na wiki e aspectos variados sobre a materia. Iremos vendo na aula as posibilidades de blogger. Aí van os enderezos:
· Blog de 2º ESO B
· Blog de 3º ESO C

xoves, 13 de maio de 2010

A nosa wiki.


Como xa levamos tempo anunciando en clase, aquí vai o enlace á nosa wiki, un proxecto común no que agardo que todos/as colaboremos e aprendamos: o outro mundial.

Titoriais sobre o uso da wiki

Aquí tes uns cantos titoriais sobre o uso das wikis... A ver que tal sae a cousa.


martes, 11 de maio de 2010

Sobre teléfonos móbiles.

Aquí podes atopar un interesante artigo sobre o destino dos teléfonos móbiles que deixan de empregarse en Occidente.
Falando de móbiles...
El coltan from Africa Nomadar on Vimeo.
Se queres ademais botar unha ollada sobre outros produtos de consumo diario, pincha aquí 

Imaxe teléfono baixo licencia CC sacada de aquí