luns, 29 de abril de 2013

Os muros do mundo. Traballo optativo para 1º de BAC.

Moi interesante, coma sempre, o programa de radio5 Países en conflicto. Hoxe falaron dos muros no mundo:

Podes elaborar un mapa de google e insertalo nesta páxina da wiki que conteña os datos presentados no podcast e información complementaria nos marcadores.

O prazo de "entrega" remata o 9 de maio.

xoves, 11 de abril de 2013

A RDA. A Stasi.

Un dos trazos dos países do bloque soviético é o establecemento de estados policiais nos que se persigue calquera tipo de disidencia. Este é o argumento da película La vida de los otros, film galardonado co premio Oscar á mellor película de fala non inglesa e que narra a historia dun oficial da Stasi e dun seguimento realizado a un intelectual sospeitoso para o réxime de Berlín leste nos anos 80.



Máis información:
· O asasinato dun futbolista pola Stasi.

xoves, 21 de marzo de 2013

mércores, 20 de marzo de 2013

O mundo no supermercado

Actividade de investigación para 1º de ESO. Traballarémola na terceira avaliación.
fai clic na imaxe

prazo ata 30 abril

venres, 1 de marzo de 2013

Quiz.

Quiz para 2º de ESO, algo complicado


Cartografía superposta.

Falabamos hoxe na clase de como os mapas, todos, teñen que enfrontarse a un problema de imposible solución, como é pasar a un plano unha superficie curva. Xa tratamos ese tema antes, pero hoxe presentamos un interesante post de David Piñeiro no que deixa varios e moi interesantes exemplos da distorsión das superficies (fíxate na significativa comparación entre Groenlandia e a India) que caracteriza aos mapamundis que estamos afeitos a ver. 
Se che interesa o tema, pásate por este interesante blog.

venres, 22 de febreiro de 2013

Quiz xeográfico

Para esta fin de semana que amenaza frío e neve, que mellor que un xogo de localización xeográfica


venres, 15 de febreiro de 2013

Traballamos co mapa físico de América.

A continuación tes o percorrido duns exploradores polo continente americano. Verás que aparecen o itinerario que seguiron, pero esquecéronse de marcar os distintos accidentes xeográficos, co que terás que valerte do mapa físico de América para trazar ese itinerario e apuntar os lugares que non se nomean no texto.
Fai este itinerario en primeiro lugar no teu mapa físico de América e despois xa o pasaremos á rede. ¿Listo/a? Aló imos...