luns, 22 de novembro de 2010
Glog sobre Isabel II
Aquí podes atopar un interesante glog sobre o reinado de Isabel II, obra de Xosé Antón. Moi recomendable, tanto o mural como todo o blog.
venres, 19 de novembro de 2010
Hipérbole
Falabamos hai pouco da mirada de Goya sobre a historia de España. Hoxe toca contemplar como o mundo da arte está moito más próximo a nós do que pensamos. A da imaxe é a portada do diario marca, o máis vendido do país, que retoca Os fusilamentos da Moncloa para presentar a un entrenador de fútbol coma un mártir.
Con independencia da maior ou menor pericia do que usou o photoshop (agardemos que non o chamen do Prado para actualizar o cadro orixinal), chama a atención o carácter desmesurado e grotesco que posúe hoxe en día o fútbol neste país.

xoves, 18 de novembro de 2010
Sobre a revolución industrial
Estes dous fragmentos pertencen á película Tempos modernos de Charles Chaplin.
1.- ¿A que fase da revolución industrial pertence o retratado na película? Argumenta a túa resposta.
2.- Identifica os diferentes postos de traballo que aparecen reflectidos.
3.- Investiga cal é ano de produción da película.
4.-Lembra o aprendido na aula e sinala outras formas de organización do traballo.

venres, 29 de outubro de 2010
Titorial sobre o uso de Mister Wong.
Deixo aquí un titorial moi sinxelo para o uso incial de Mister Wong, ferramenta da que falabamos na clase e que nos permitirá gardar, convintemente etiquetada, a información de interese que atopemos pola rede.
mércores, 13 de outubro de 2010
A mirada de Goya.
Falabamos del na clase estes días. Goya, pintor maxistral, rexistra con grande nitidez moitos aspectos da historia de España que lle tocou vivir. Deixo aquí unha presentación con imaxes das súas obras, e anímovos a que presentedes unha pequena análise sobre as mesmas enviándoa ao correo electrónico.
xoves, 15 de xullo de 2010
Arte e frases.
"Coñece máis xente o meu trofeo que a cúpula de San Pedro."Giorgio Losa, forxador do trofeo do Mundial de fútbol dixit.
(Iso explicaría moitas cousas, entre outras o papel substitutivo do fútbol diante da relixión, cos seus símbolos, milagres e santoral)
Imaxes baixo licencia cc vía flickr (aquí e aquí.)
mércores, 14 de xullo de 2010
Roberto Bolaño
Hoxe cúmplense sete anos da morte do xenial escritor Roberto Bolaño. Co tempo libre do verán como coartada, deixo os seis cortes do documental sobre a súa vida e obra dirixido por E. Haasnoot.
Se aínda non liches nada de Roberto Bolaño, apaga o ordenador de inmediato e empeza.
Se aínda non liches nada de Roberto Bolaño, apaga o ordenador de inmediato e empeza.
luns, 12 de xullo de 2010
Historia circular.
Leccións da historia en boca de Fernando Fernán - Gómez, xenial actor nunha entrevista que se revela punzantemente profética:
martes, 8 de xuño de 2010
Para estes días de exames...
Un curioso despertador. Sorte a todos/as nestes días de exames e máis exames.
venres, 21 de maio de 2010
Grupos de traballo de 3ºC para a wiki
Neste enlace están recollidos os grupos e o traballo concreto que lle toca a cada un. Lembrade que tedes ata o 31 de maio. Boa fin de semana.
martes, 18 de maio de 2010
Os vosos blogs.
Para complementar o traballo da wiki, cada curso terá un blog colectivo asignado, nel iredes anotando cousas que no se axusten ao pautado na wiki e aspectos variados sobre a materia. Iremos vendo na aula as posibilidades de blogger. Aí van os enderezos:
· Blog de 2º ESO B
· Blog de 3º ESO C
· Blog de 2º ESO B
· Blog de 3º ESO C
xoves, 13 de maio de 2010
A nosa wiki.
Como xa levamos tempo anunciando en clase, aquí vai o enlace á nosa wiki, un proxecto común no que agardo que todos/as colaboremos e aprendamos: o outro mundial.
Titoriais sobre o uso da wiki
Aquí tes uns cantos titoriais sobre o uso das wikis... A ver que tal sae a cousa.
martes, 11 de maio de 2010
Sobre teléfonos móbiles.
Aquí podes atopar un interesante artigo sobre o destino dos teléfonos móbiles que deixan de empregarse en Occidente.
Falando de móbiles...
El coltan from Africa Nomadar on Vimeo.
Se queres ademais botar unha ollada sobre outros produtos de consumo diario, pincha aquí
Falando de móbiles...
El coltan from Africa Nomadar on Vimeo.
Se queres ademais botar unha ollada sobre outros produtos de consumo diario, pincha aquí
Imaxe teléfono baixo licencia CC sacada de aquí
venres, 7 de maio de 2010
Aprendendo a manexar Google maps
Quedan aquí recollidos unha serie de vídeos explicativos sobre o uso de Google maps, hainos de Aníbal de la Torre e de Fulgencio Murcia.
luns, 3 de maio de 2010
xoves, 29 de abril de 2010
Xogos de Arte.
Deixamos hoxe un par de enlaces a xogos de historia da Arte; abranguen máis do visto na aula, pero son unha boa maneira de repasar e ampliar.
Xogo de identificación de artistas ou obras (en inglés)
Páxina de enlace a varios xogos (en castelán)
imaxe baixo licencia cc en flickr.
Xogo de identificación de artistas ou obras (en inglés)
Páxina de enlace a varios xogos (en castelán)
imaxe baixo licencia cc en flickr.
martes, 27 de abril de 2010
A Arte barroca.
Deixamos hoxe tres presentacións sobre a arte barroca para ilustrar os contidos do libro de 2º. (pulsa Máis)
venres, 23 de abril de 2010
23 de abril
Existe unha razón para que todos os libros, mesmo os que non son moi serios, teñan a forma dunha maleta.
(S. Dovlatov)luns, 19 de abril de 2010
Máis sobre os espazos rurais e urbanos.
Deixamos hoxe, para continuar co tema dos espazos rurais e urbanos, unha selección de videos que xiran en torno a determinados traballos realizados en varios insitutos no marco do proxecto TERRA.
Desde aquí, a nosa felicitación á xente do CPI de Maside, do IES de Monelos e do IES de Pontepedrilña polo seu traballo, que nos permite achegarnos ás distintas realidades do hábitat de Galicia.
Pechan a selección un par de vídeos relacionados cun tema moi de moda, como é o feísmo. Un deles, o do coordinador do proxecto Terra, ofrece unha visión distinta aos discursos establecidos sobre o tema.

venres, 16 de abril de 2010
Hábitat rural e urbano
martes, 13 de abril de 2010
domingo, 28 de marzo de 2010
28 de marzo de 1942.
Tal día coma hoxe morría o poeta Miguel Hernández no cárcere e nun tempo no que toda España se convertiu en presidio.
No cárcere escribiu un dos poemas máis tristemente bonitos da lírica española, as "Nanas de la cebolla," escritos para o seu fillo, que pasaba fame naquela España de posguerra.
Con este poema fíxose unha canción que popularizou Serrat.

Proxectos.
Nestes días ando a voltas cunha wiki para darlle forma na terceira avaliación. Chámase O outro mundial. Tamén anda outra por aí que se limita a recoller descricións literarias de cidades, sen máis pretensións.
mércores, 17 de marzo de 2010
Outro descubrimento de América.
Para a longa fin de semana que nos espera, unha visión algo distinta do descubrimento de América.
martes, 9 de marzo de 2010
O Renacemento en imaxes
Presentación sobre a arte renacentista para ilustrar e completar os contidos do libro de texto (páxinas 250 - 253)
xoves, 4 de marzo de 2010
O relevo peninsular
Varios vídeos sobre o relevo peninsular, os dous últimos son explicacións breves e interesantes sobre o relevo e a súa historia xeolóxica.
Recurso de creación de lista de vídeos aprendido nunha ponencia de Antonio Martínez. (Gracias)
Recurso de creación de lista de vídeos aprendido nunha ponencia de Antonio Martínez. (Gracias)
martes, 2 de marzo de 2010
xoves, 11 de febreiro de 2010
Historia condensada.
Vía fogonazos atopamos este fantástico esquema para repasar un pouco de historia (máis ben toda) en pouco máis de 3 minutos.
luns, 8 de febreiro de 2010
xoves, 4 de febreiro de 2010
Moito sobre países.
Na seguinte páxina tes unha completa base de datos referidos aos países do mundo feita polo Instituto brasileiro de Xeografía e Estatística (IBGE)
luns, 1 de febreiro de 2010
Mapa de África
Máis xogos de xeografía; este, sobre o mapa de África, é bastante complicado, o mesmo ca este estilo Tetris. Sorte.
mércores, 27 de xaneiro de 2010
Mapas anamórficos
A través de o blog de sociais atopamos este enlace a mapas anamórficos (aqueles que deforman a superficie dos países/ continentes en función dunha variable determinada).
Na imaxe podes ver, a xeito de exemplo, un mapa que recolle as reservas mundiais de petróleo (hai que darlle a resize).
Na imaxe podes ver, a xeito de exemplo, un mapa que recolle as reservas mundiais de petróleo (hai que darlle a resize).
martes, 26 de xaneiro de 2010
mércores, 20 de xaneiro de 2010
Máis xogos...
Na seguinte páxina realizada por Enrique Alonso hai cantidade de xogos de xeografía física e política.
E nesta páxina inglesa, manexarás un barco para percorrer diversos portos.
E nesta páxina inglesa, manexarás un barco para percorrer diversos portos.
martes, 19 de xaneiro de 2010
Xogos de Xeografía.
Nos seguintes enlaces tes un par de xogos onde situar cidades ou monumentos. Sorte.
(Podes agrandar o espazo do mapa premendo no botón dereito do rato, pero ollo co tempo...)
Tamén tes a oportunidade de probar xogos máis doados, referidos aos seguintes espazos:
Europa.
África.
América do Sur.
América Central.
Oriente Próximo.
E, se tes paciencia:
Estados Unidos.
Canadá.
Australia.

luns, 18 de xaneiro de 2010
O comercio desigual. Exercicio
venres, 15 de xaneiro de 2010
xoves, 14 de xaneiro de 2010
Arte en Al Andalus.
Presentación que complementa os contidos do libro (páxinas 194 e 195)
A Arte Andalusí
View more presentations from ranoch.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)