venres, 19 de novembro de 2010

Hipérbole

 Falabamos hai pouco da mirada de Goya sobre a historia de España. Hoxe toca contemplar como o mundo da arte está moito más próximo a nós do que pensamos. A da imaxe é a portada do diario marca, o máis vendido do país, que retoca Os fusilamentos da Moncloa para presentar a un entrenador de fútbol coma un mártir.
Con independencia da maior ou menor pericia do que usou o photoshop (agardemos que non o chamen do Prado para actualizar o cadro orixinal), chama a atención o carácter desmesurado e grotesco que posúe hoxe en día o fútbol neste país.

Ningún comentario:

Publicar un comentario