Falabamos esta semana na clase da poboación mundial.
A través do blog docentesytic,podemos ver este video:
E, nesta páxina, podes consultar o teu "número" de habitante.
venres, 11 de novembro de 2011
mércores, 2 de novembro de 2011
Perfís topográficos
Para repasar o visto na clase sobre os perfís topográficos tes aquí un videotitorial e un par de enlaces a actividades:
· Actividade en educamadrid.
· Actividade do IES Rosa Chacel.
· Actividade en educamadrid.
· Actividade do IES Rosa Chacel.
xoves, 6 de outubro de 2011
luns, 3 de outubro de 2011
Sol de medianoite e outros asuntos.
Para volver a ver a presentación do sol de medianoite vista na aula, pincha aquí.
Imaxe baixo lic, CC vía flickr (Josep Toledo)
E, para os que tanto preguntabades sobre os asteroides, meteoritos e satélites, tedes esta noticia.
domingo, 18 de setembro de 2011
luns, 6 de xuño de 2011
A industria en España.
Para repasar o visto en clase, aquí tes unha completa presentación de Manolo Ibáñez:
La Industria en España
View more presentations from Manolo Ibáñez
martes, 31 de maio de 2011
Idade media
Velaí unha listaxe que recolle os países do mundo en función da idade media dos seus habitantes, de máis a menos.
¿Adiviñas que continente copa os últimos postos? ¿E onde estará España?
¿Adiviñas que continente copa os últimos postos? ¿E onde estará España?
luns, 30 de maio de 2011
Xogos xeográficos.
Deixo este enlace a unha páxina cun xogo de localización xeográfica. Ideal para estes días de fin de curso.
mércores, 11 de maio de 2011
Fotografías de 360º para o traballo da wiki.
De cara ao traballo na wiki deviaxeporeuropa é moi interesante a posibilidade de insertar espectaculares imaxes das distintas cidades que son visitadas,e que podes atopar en 360cities.net.
Para mostra, Berlín:
Berlin1 in Berlin
Para mostra, Berlín:
Berlin1 in Berlin
martes, 10 de maio de 2011
Blogs de aula e wiki.
Aquí están os links para os blogs de terceiro: 3º A e 3º B
Tamén está a wiki do noso traballo deste curso, no que viaxamos por Europa.
Tamén está a wiki do noso traballo deste curso, no que viaxamos por Europa.
xoves, 5 de maio de 2011
Esquemas historia de España
No máis que recomendable blog de Daniel Gómez Valle poder ver unha serie de esquemas relacionados coa historia de España que che poden facilitar o estudo da materia.
martes, 26 de abril de 2011
Os simpsons e a materia de Xeografía de 3º de ESO.
Vía esquizopedia unha das introducións aos capítulos dos Simpsons. O guión é obra do artista Banksy e isnpírase no feito de que gran parte do traballo que leva facer a serie está externalizada a unha empresa surcoreana.
Bota unha ollada ao vídeo e lembra con que cousas das vistas este ano se podería relacionar.
Bota unha ollada ao vídeo e lembra con que cousas das vistas este ano se podería relacionar.
mércores, 13 de abril de 2011
Climatoloxía
Un enlace de utilidade para repasar e ampliar os contidos relacionados co tema dos climas que tanto nos deu que facer nas últimas semanas... (feito no IES Neira Vilas).
sábado, 2 de abril de 2011
Cadros versionados.
Aproveitando que hoxe é venres deixo un vídeo para achegarnos a algúns cadros míticos da Historia da Arte da man do grupo Hold your horses!
domingo, 27 de marzo de 2011
Gmap sobre a guerra civil
Aínda que xa non esteamos nese tema, deixo un mapa que ubica os lugares destacados da guerra civil, obra de Fernando.
Ver LUGARES EMBLEMÁTICOS DE LA GUERRA CIVIL en un mapa más grande
Ver LUGARES EMBLEMÁTICOS DE LA GUERRA CIVIL en un mapa más grande
domingo, 13 de marzo de 2011
Outra vez Goya.
Volve Goya a este blog, como hai semanas podemos ver unha actualización da súa obra. Neste caso trátase de O coloso, pertencente ás pinturas negras e cuxa autoría está hoxe en discusión.
Como vemos, neste caso o coloso alude ao pánico xerado estes días arredor da central nuclear xaponesa de Fukushima.
Como vemos, neste caso o coloso alude ao pánico xerado estes días arredor da central nuclear xaponesa de Fukushima.
Fonte da imaxe (El País; Ramón) |
sábado, 12 de marzo de 2011
Johann Trollmann.
Normalmente non personalizamos a Historia nas historias en minúscula da xente, o tempo das clases non da para tanto; moitos temas e poucas horas semanais...
Por iso hoxe non me resisto a recomendarvos que leades este post que leva por tema a vida de Johann Trollmann, un boxeador.
¿Que pinta un boxeador na Historia? Pois que a súa historia é a de ser un boxeador xitano na Alemaña nazi.
A súa historia, tráxica e auténtica metáfora explicativa da barbarie totalitaria, parece a dunha película.
Non perdas a posibilidade de facer clic no enlaceanterior o antes posible.
Aquí podes ver un anaco da rúa que hoxe está adicada a Trollmann en Hannover, a súa cidade natal.
Ver mapa más grande

venres, 11 de marzo de 2011
O terremoto de Xapón.
Hoxe é noticia o devastador terremoto que tivo lugar en Xapón.
Sempre que se fala dun terremoto, alúdese á escala de Richter (o de hoxe acadou os 8,9 graos). Podes acceder a unha breve e interesante explicación aquí.
Sempre que se fala dun terremoto, alúdese á escala de Richter (o de hoxe acadou os 8,9 graos). Podes acceder a unha breve e interesante explicación aquí.
Ademais, nesta páxina da Junta de Andalucía podes ver máis información. Vale a pena botarlle unha ollada, o mesmo que esta explicación arredor do fenómeno dos tsunamis.
(imaxe de portada baixo licencia cc de Azfar Arif)
xoves, 24 de febreiro de 2011
Algo se move.
Este inicio de 2011 pasará á historia pola onda de cambio que percorre a costa que temos ao sur, tan preto e tan lonxe.
Podes ver un interesante gráfico aquí (diario lainformación).
Podes ver un interesante gráfico aquí (diario lainformación).
mércores, 16 de febreiro de 2011
Outra visión do mundo.
Fogonazos recolle un interesante video feito a partir de imaxes de satélite no que se amosa a localización dos incendios na pasada década. Vale a pena botarlle unha ollada.
Neste outro pódese apreciar a pegada da actividade humana sobre diversos medios naturais (é sobrecolledor o adicado ao mar de Aral). Non lembro quen dixo unha vez que as peores feridas son as que deixa a mala política sobre a paisaxe.
martes, 15 de febreiro de 2011
martes, 25 de xaneiro de 2011
También la lluvia
Hoxe, imos ao cine ¿Que te atoparás na película También la lluvia?
Un equipo de rodaxe busca recrear en Bolivia os primeiros compases da conquista de América e o primeiro impacto da colonización sobre os poboadores indíxenas que Cristóbal Colón (Karra Elejalde) atopou. O produtor (Luís Tosar) está encantado polo baixo custe dos salarios aos figurantes, que contratan nas rúas de Cochabamba, o director (Gael García Bernal) vai perfilando unha historia de explotación no século XV que, se actualiza coas prácticas das empresas multinacionais que buscan privatizar o servizo de abastecemento de auga. O presente mírase no espello do pasado e non se aprecia moita diferenza máis aló das roupas e da maquillaxe...
Hoxe é noticia que a película española candidata aos Oscar non foi seleccionada para a fase final dos premios hollywoodienses. Aínda así, o film de Icíar Bollaín debería ser de obrigada visión, sobre todo pola mestría coa que enlaza a colonización histórica co neocolonialismo dos nosos días, do que tanto estamos a falar estes días na clase.

sábado, 22 de xaneiro de 2011
Mapa arredor do sentido dos topónimos
Neste link de lainformacion podes atopar unha animación moi curiosa sobre o que agochan os topónimos provinciais de España.
martes, 11 de xaneiro de 2011
Fabricados para non durar.
Falabamos onte na clase dun máis que interesante documental sobre a chamada "obsolescencia programada" como estratexia empresarial para forzar un consumo desmesurado. Aquí vai o video:
luns, 10 de xaneiro de 2011
América
Via o diario dixital La información atopamos este vídeo que presenta unha exposición que está tendo lugar en Madrid ata o vindeiro mes sobre a historia contemporánea de América Latina a través da reinterpretación dos seus iconos máis recoñecibles.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)