Hoxe, imos ao cine ¿Que te atoparás na película También la lluvia?
Un equipo de rodaxe busca recrear en Bolivia os primeiros compases da conquista de América e o primeiro impacto da colonización sobre os poboadores indíxenas que Cristóbal Colón (Karra Elejalde) atopou. O produtor (Luís Tosar) está encantado polo baixo custe dos salarios aos figurantes, que contratan nas rúas de Cochabamba, o director (Gael García Bernal) vai perfilando unha historia de explotación no século XV que, se actualiza coas prácticas das empresas multinacionais que buscan privatizar o servizo de abastecemento de auga. O presente mírase no espello do pasado e non se aprecia moita diferenza máis aló das roupas e da maquillaxe...
Hoxe é noticia que a película española candidata aos Oscar non foi seleccionada para a fase final dos premios hollywoodienses. Aínda así, o film de Icíar Bollaín debería ser de obrigada visión, sobre todo pola mestría coa que enlaza a colonización histórica co neocolonialismo dos nosos días, do que tanto estamos a falar estes días na clase.
Ningún comentario:
Publicar un comentario