mércores, 23 de maio de 2012

Arte grega.

Comezamos nestes días a ver a arte grega. Ao final desta entrada podedes ver un par de presentacións sobre a arquitectura e a escultura gregas, pero o máis importante é que nós faremos a nosa propia presentación empregando as presentacións de gdocs e coas seguintes condicións formais:

1.- O título e tema da presentación será: "A Arte grega"
2.- Na diapositiva do título debe aparecer unha imaxe (por suposto baixo licencia CC) e unha cita sobre a arte indicando o autor (por exemplo A arte é a mentira que nos permite comprender a verdade P. Picasso)
3.- Na diapositiva final aparecerán os créditos das imaxes empregadas.
4.- Non haberá máis de 10 diapositivas/slides (excluíndo a portada e a diapositiva final)
5.- Os contidos deben referirse á arquitectura e a escultura gregas
6.- A nivel formal, aplicaremos a regla do 7x7: máximo de sete liñas por diapositiva e non máis de sete palabras en cada unha delas
7.- En cada unha das diapositivas debe haber, alomenos, unha imaxe ou elemento audiovisual, se ben soamente se pode empregar un máximo de dous vídeos.
8.- As presentacións serán subidas a unha páxina dentro deste blog.
9.- Valorarase a selección de contidos, pero tamén a orixinalidade: cortarepegar do libro de texto/wikipedia non aporta nada.
Se queres máis consellos sobre o deseño de presentacións podes consultar este documento de Alazne González.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario