Para o traballo que estamos a desenvolver nestes días na aula estamos a usar imaxes baixo licencia CC.
Xa vimos que un lugar de referencia para obter imaxes que se podan reutilizar é a wikipedia, en concreto o apartado de wikimedia commons, pero tamén podemos empregar outros sitios web coma flickr.
O uso de flickr para conseguir imaxes baixo licencia CC require activar a opción de busca avanzada, tal e como podemos ver no seguinte titorial:
Deixamos nesta entrada os traballos feitos na clase sobre as paisaxes do mundo. Nalgún caso non se puido incluír o traballo dalgún alumno/a por erros na forma, sobre todo no apartado de créditos das imaxes.
Traballos de 1ºA
Comezamos nestes días a ver a arte grega. Ao final desta entrada podedes ver un par de presentacións sobre a arquitectura e a escultura gregas, pero o máis importante é que nós faremos a nosa propia presentación empregando as presentacións de gdocs e coas seguintes condicións formais:
1.- O título e tema da presentación será: "A Arte grega"
2.- Na diapositiva do título debe aparecer unha imaxe (por suposto baixo licencia CC) e unha cita sobre a arte indicando o autor (por exemplo A arte é a mentira que nos permite comprender a verdade P. Picasso)
3.- Na diapositiva final aparecerán os créditos das imaxes empregadas.
4.- Non haberá máis de 10 diapositivas/slides (excluíndo a portada e a diapositiva final)
5.- Os contidos deben referirse á arquitectura e a escultura gregas
6.- A nivel formal, aplicaremos a regla do 7x7: máximo de sete liñas por diapositiva e non máis de sete palabras en cada unha delas
7.- En cada unha das diapositivas debe haber, alomenos, unha imaxe ou elemento audiovisual, se ben soamente se pode empregar un máximo de dous vídeos.
8.- As presentacións serán subidas a unha páxina dentro deste blog.
9.- Valorarase a selección de contidos, pero tamén a orixinalidade: cortarepegar do libro de texto/wikipedia non aporta nada. Se queres máis consellos sobre o deseño de presentacións podes consultar este documento de Alazne González.
De cara ao inminete exame sobre ese tema que considerades taaaan longo, deixamos aquí un pequeno cuestionario de repaso.
As primeiras civilizacións on PhotoPeach
Nestes días estamos traballando na aula os esquemas. Aquí tedes un vídeo (cortesía da practicopedia) no que podedes ver en menos de dous minutos como traballar esa técnica:
En consonancia con certo escapismo dos alumnos das TIC cara a páxinas de diarios deportivos, e atendendo á proposta de don Y.D.C sobre que a única historia que se debería estudar é a do Real Madrid planteemos un traballo utilizando como fontes páxinas relacionadas co deporte en base aos seguintes puntos.
1.- O traballo será sobre algún feito histórico - cultural relacionado co deporte. Podes ver unha mostra dese tipo de feitos no artigo adicado aquí a Johann Trollmann.
2.- As fontes de información sinálanse a continuación, e deben empregarse para buscar esa faceta histórico-cultural relacionada co deporte. Serán a base do traballo, pero non se pode usar o cortaepega.
3.- Consultada a información elaborarase, en gdocs, un documento que levará un título orixinal (feito por vós e empregando este xenerador de portadas) dúas imaxes (obrigatoriamente baixo licenza CC), links e unha referencia xeográfica (gmaps ou similar).
4.- A estrutura do documento será a de artigo xornalístico, para o que se pode consultar este artigo da wikipedia sobre os elementos básicos da narración xornalística.
5.- Rematado o artigo procederase á súa publicación en issuu como paso previo á publicación nos blogs.